A Coruña sede da AESIA, Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial

05 Decembro 2022

A Coruña será a sede da futura Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), segundo
o anuncio feito pola ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, ao termo do Consello de Ministros de hoxe e trala valoración das 16 candidaturas finalistas.

A previsión inicial do Executivo é a de realizar un investimento de 5 millóns de euros que xa figuran nos Orzamentos Xerais do Estado e calcúlase que se crearán un centenar de postos de traballo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación da candidatura da Coruña para acoller a Agencia Española de Supervisión de la Inteligencia Artificial. A Coruña, 03/11/22.

A Coruña foi a cidade mellor valorada polo seu tecido académico, empresarial e polos seus servizos, ademais de cumprir cos criterios de descentralización aplicados polo Estado e ser un referente nacional nas novas tecnoloxías. O Concello ofertou como sede o edificio histórico A Terraza.
Dende o Consistorio herculino lembran tamén que a cidade e a súa contorna aglutinan o 49,2 % das empresas galegas do sector, concentrando case o 60 % do volume de negocio no sector privado galego vencellado ás novas tecnoloxías. Ademais é o municipio con máis empresas TIC de Galicia, con máis de 5.000 empregos xerados e máis de 100 empresas que xa incorporan a Intelixencia Artificial nos seus produtos e servizos.
Entre os seus puntos fortes tamén se inclúe o feito de que a Universidade da Coruña conte co Grao en Intelixencia Artificial e coa primeira Facultade de Informática de Galicia na que se forman máis da metade dos estudantes de Enxeñaría Informática da comunidade. Por outra banda, ten a súa sede na Coruña o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, un dos grandes referentes estatais e europeos en materia de aplicacións da Intelixencia Artificial. A todo o devandito engádese o ambicioso proxecto para converter a antiga Fábrica de Armas en complexo tecnolóxico empresarial e investigador, a Cidade das TIC, arestora en pleno proceso de materialización.
Máis de 90 institucións, entidades e empresas achegaron o seu apoio á candidatura da cidade co obxectivo de defender ante o Goberno central a elección da Coruña como sede da AESIA. Entre elas atópanse empresas referentes como Inditex, Abanca, Altia, Telefónica ou Microsoft Ibérica.

A candidatura presentouse en sociedade a principios de novembro nun acto institucional presidido pola alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda ao que asistiron máis de 200 persoas entre os que estaban representantes do sector académico, científico e empresarial de toda Galicia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.