A condutora ebria que causou a morte a dous mozos en Palmeira pide perdón ás familias

19 Decembro 2022

A muller acusada de causar a morte a dous mozos en Palmeira nun accidente de tráfico ocorrido en maio de 2019, pediu este luns “perdón” ás familias das vítimas, aínda que asegurou non lembrar as circunstancias nas que se produciron os feitos.

Así concluíu a súa declaración na primeira sesión do xuízo que se celebra na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, por este sinistro, sucedido na zona de Palmeira cando a muller, supostamente, conducía ebria e a máis velocidade da permitida, así como baixo os efectos de fármacos sedantes que tiña prescritos.

“Quero pedir perdón ás familias. Oxalá me morrese eu e oxalá que eles estivesen vivos”, dixo ao concluír a súa declaración no xuízo, que tratará de determinar estes días se a muller cometeu un homicidio por imprudencia ou se houbo algún tipo de dolo na súa conduta.

Segundo recolle Europa Press a sesión arrincou á primeira hora coa selección dos nove membros máis dous suplentes do xurado popular, que deberá determinar o seu grao de culpabilidade. Posteriormente, as partes expuxeron as súas reclamacións e consideracións e pediron a inclusión de novas probas, como a declaración dun dos fillos da acusada ou a intervención dun dos peritos que fixo o informe de imputabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.