A AEP celebra o 11 de decembro en Portosín o seu tradicional Mercado de Nadal

10 Decembro 2022

Neste Nadal vai volver a Portosín o seu Mercado Navideño. Así o confirmou a Asociación de Empresarios de Portosín (AEP), entidade organizadora, engadindo que os postos estarán habilitados o vindeiro 11 de decembro, coa apertura da carpa prevista para as 12.00 do mediodía.

O Mercado estará situado na praza do Curro. Participarán as empresas asociadas á AEP cunha manchea de produtos e propostas de agasallo. Esta ano contarase ademais cun obradoiro de galletas de Nadal para os máis pequenos da casa, de aproximadamente 1 hora de duración, para o que se farán dous grupos, de 8 nenos cada un e que transcorrerán de 12.30 a 13.30 h. e de 13.30 a 14.30 horas. As inscricións para estas actividades haberá que facelas na propia carpa antes do comezo de cada sesión.

Pola tarde, a partir das 17.00 horas contarase co Bingo de Nadal, e con moitos regalos aportados polos asociados da AEP. Tamén se volverá servir o tradicional chocolate que poderá ser acompañado de churros a partir das 17.30 horas. A xeito de peche da festa, contarase coa visita do mesmísimo Papá Nöel, a partir das 18.30 horas, que virá disposto a fotografarase coa rapazada. A AEP conta para a organización do Mercado do Nadal coa colaboración de todos os asociados, do Concello de Porto do Son e da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.