Xoves con chuvias que darán paso a nubes e claros

02 Novembro 2022

O xoves, tras o paso, moi preto de Galicia, dunha borrasca durante a mañá, iremos gañando influencia anticiclónica. Así, durante a primeira metade do día, teremos ceos cubertos con precipitacións xeneralizadas de intensidade localmente forte e ventos fortes do sur e suroeste que rolarán repentinamente a noroeste.

Pola tarde, abriranse importantes claros, cesarán as chuvias e os ventos amainarán. As temperaturas permanecerán sen cambios significativos ou descenderán lixeiramente.

Atención para xoves: Ventos fortes do sur e suroeste durante a madrugada, rolando a noroeste ao longo da mañá.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 19°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR; Vento do sur á mañá, do noroeste á tarde e do noroeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Forte marusía á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar05:441.3 m
Preamar12:023.2 m
Baixamar18:311.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:371.4 m
Preamar11:533.2 m
Baixamar18:221.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar05:431.3 m
Preamar11:593.2 m
Baixamar18:281.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.