Volve este venres a gran festa inclusiva de Amicos, o Festiritititi, novamente co apoio de JEALSA

29 Novembro 2022

A Asociación Amicos e a conserveira JEALSA presentaron este martes 28 de novembro os detalles da nova edición, a quinta, do festival inclusivo e solidario Festiritititi. Segundo fixeron saber, o evento celebrarase este venres día 2 de decembro en Boiro e servirá, sinalaron, para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. “Será unha xornada moi especial para a nosa entidade, un día para celebrar entre amigas e amigos e compartir xogos e risas”, engadiron. O acto de presentación estivo encabezado por Javier Freijo e Raquel Rial, integrantes da asociación. Ambos avanzaron que Amicos ten “preparadas moitas sorpresas para todas as persoas participantes”. Na cita tamén participou Margarita Hermo, directora de relacións institucionais de JEALSA; e por parte do centro integral, asistiu a súa vicepresidenta, Digna Iglesias e a responsábel dos centros, Pilar Sampedro.

Segundo explicaron, nesta quinta edición o festival instáurase na sociedade como “un acontecemento anual”, xa que cada ano vai facéndose moito máis grande, “sendo un referente da inclusión social do Barbanza”.

Nesta nova edición está confirmada a presenza de case 1.000 escolares dos centros educativos da comarca, así como dos concellos de Lousame e Rois.

Tamén acudirán Fernando González Abeijón, director xeral de Persoas con Discapacidade, Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, e representantes dos concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra, Rianxo, Lousame, Rois, Padrón entre outras autoridades.

O Festiritititi é un festival de inclusión a través do xogo, onde toda a comunidade está convidada: centros educativos, autoridades e familias. A cita arrincará ás 11.00 horas no Parque da Cachada en Boiro, desenvolvéndose as súas actividades ata as 13.30 horas. Ademais, ás 12.00 horas procederase á realización dunha actividade “moi especial para nenos, nenas e autoridades”, avanzaron na presentación.

Pola súa parte, Margarita Hermo e Digna Iglesias, expresaron o seu entusiasmo por este festival, convidando a toda a veciñanza a participar. Desde a Asociación Amicos agradeceuse a colaboración tanto do Concellos, como de JEALSA Rianxeira, unha implicación desde a organización do evento que facilita poder desenvolver todo o programa previsto, un programa “que deixará sorprendidas a todas as persoas asistentes”, sinalaron.

Este ano sumase a colaboración o Grupo Nosa, Actemsa, Orbutrans e a clínica dental, Rebeca Ozores.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.