
Amicos organizou na mañá do pasado sábado unha xornada para reforestar unha hectárea de monte degradado na Comunidade de Montes de Bralo, no municipio de Rois, dónde a ECOBRIGADA de AMICOS traballa nun proxecto de repoboación da masa forestal.
O obxectivo da xornada foi plantar mil piñeiros coa axuda de medio centenar voluntarias y voluntarios de ambas organizacións.
Esta nova colaboración de AMICOS coa Fundación KPMG inscríbise nunha ambición conxunta de sumar cada vez máis actores para coidar o patrimonio natural galego e contribuir a un futuro sostible.
Miguel Beiro, responsable del área de Alianzas y empleo , agradeceu a implicación de todos os alí presentes, “A actividade de hoxe para nos supón un pilar fundamental para seguir creando futuros inclusivos e verdes”.
Dende KPMG, Daniel Fraga Romero, socio responsable en Galicia presente na actividade, “Para nosa empresa participar hoxe con Amicos é un privilexio, esta acción de reforestación encaixa perfectamente dentro dos nosos valores, ademais do seu compoñente de diversidade e inclusión.“
O proxecto de repoboación forestal que se iniciou concerne case 12 hectáreas de monte degradado do municipio de Rois. As Ecobrigadas de AMICOS traballarán ata o próximo mes de abril grazas o apoio da Xunta de Galicia.