Rianxo achega un completo programa de accións de denuncia contra violencia machista

25 Novembro 2022

O Concello de Rianxo ten estes días unha completa axenda de actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia contra as Mulleres, o 25-N. O programa de accións, que xa comezou, é un programa con múltiples propostas complementarias, todas elas co nexo común de berrar NON ás agresións machistas.

As actividades iniciáronse o primeiro xoves de novembro, cos obradoiros impartidos por Baia Fernández dirixidos á poboación rianxeira baixo o epígrafe A Rabia, como facer que sentila non me magoe. Nel, mais de 20 mulleres reúnense os catro xoves de novembro e a través de tres vías de aprendizaxe; mental, emocional é física, buscan a integración dá emoción na súa versión mais funcional e sa.

Amais, o luns 7, no CEIP Ana María Dieguez de Asados, o alumnado de 6º de Primaria, puido participar nun obradoiro sobre Marketing e Violencia de Xénero. Fixérono coa presencia da escritora María Lado, analizando diferentes campañas anti-agresións e crearon lemas para vindeiras campañas do 25-N.

A maiores, este luns 14 de novembro deron comezo os talleres de Saúde e Vida para mulleres embarazadas ou en postparto e as súas familias, nas que se abordan os cambios non só físicos, senón emocionais, psicolóxicos e da propia identidade que se dan durante o embarazo, parto e posparto. Ao abeiro desta actividade tamén se pretende poñer os coidados no centro do foco, e a maternidade e crianza coma a base da sociedade na que vivimos. Ao mesmo tempo búscase xerar unha rede informal entre mulleres, crianzas e familias dende o respecto e a valoración da diversidade. Levaranse a cabo todos os luns de 17:30 a 19:30 ata finais de decembro, na Biblioteca Municipal, impartido por Natalia Guedella.

O xoves 17 de novembro, a Asociación Avoar, na casa de Rafael Dieste, retomou o proxecto de Pingas de Luz. Nel presentouse publicamente o proxecto de recollida e visibilización de feitos concretos de violencias de xénero en distintos eidos sociais.

O 23 de novembro o instituto I.E.S Felix Muriel participou na campaña De Fronte da Deputación dá Coruña, nunha ciberquedada na que Priscila Retamozo, dende ou IES Rosalía Mera da Coruña, moderou a actividade. Até unha vintena de centros de Secundaria da provincia seguiron a cita dende a canle de You Tube da Deputación e participaron a través do chat público baixo a supervisión do profesorado. Retransmitíronse 3 micro-vídeos que versaron sobre a violencia dixital.

O xoves 24 de novembro, as 19:30, na Casa de Rafael Dieste, Esperanza Mara impartiu un obradoiro, no que se traballou a violencia de xénero a través das voces, das historias dos/as participantes así como de libros de referencia, convidando coa aprendizaxe das características da nosa propia voz e de metáforas. Asemade gravouse un vídeo do encontro para poder dar visibilidade e colaborar ca estratexia de mercadotecnia para a propia idea do encontro. Posteriormente o 15 de decembro, terá continuación.

Este 26 de novembro, tras a Andaina en Negro contra as violencias machistas, organizada polo Servizo de Deportes do Concello de Rianxo, expúxose un manifesto na praza de Castealo por Esperanza Mara, no que mesturou a lectura co canto e a continuación A Banda da Loba interpretou a súa función Xabón Lagarta.

O 29 de novembro, as 17:30, no Auditorio Municipal, a Asociación Andaina impartirá unha charla sobre Suicidio e Xénero .

O 30 de novembro, no exterior do C.E.P. Xose Mª Brea Segade, pintarase un mural con técnica mixta (fotografía e pintura), relacionado coa violencia machista por Neves Seara e Verónica Ramilo.

As actividades rematarán o xoves 1 de decembro, as 20:00 no Auditorio de Rianxo, coa proxección do documental Onde mais doe, de Xamalú Filmes, dirixido por Manane Rodríguez. Este audiovisual narra a historia dun home que tras ameazar durante anos a súa ex-parella asasina a golpes cunha pa ao seu fillo de 11 anos. Posteriormente crearase un debate moderado por Lola Ferreiro, licenciada en medicina e cirurxía, participa en diversas equipas de investigación no departamento de psiquiatría e é responsábel da formación e supervisión profesional de técnicas de Saúde Pública, de Asesoras de Educación e de mulleres en Galicia, Euskadi, Portugal, Arxentina e Portugal, entre outros países.

Outros artigos

As augas de Tanxil, As Cunchas e Torre, cualificadas de excelentes

O Concello de Rianxo informou esta semana que as tres praias locais incluídas no Rexistro de Augas de Baño de Galicia (Tanxil, As Cunchas e A Torre) foron cualificadas polo Servizo Galego de Saúde como de “calidade excelente". Ademais, os tres areais están incluídos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...