Rianxo achega esta finde dous recitais musicais ao abeiro do V Memorial Mireya Dieste

18 Novembro 2022

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a súa axenda para esta fin de semana, composta de dous recitais de música abeirados á quinta edición do Memorial Mireya Dieste.

Son os que citamos a continuación:

VENRES 18 DE NOVEMBRO

21.00 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. V Memorial Mireya Dieste: Concerto Trío Rosalía Máis información.

SÁBADO 19 DE NOVEMBRO

20.30 h – Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. V Memorial Mireya Dieste. Mireya ao piano, con Orjais e Gorreti Máis información.

Mireya Dieste

Mireya Dieste, que morreu en 2015 aos cen anos, era sobriña do ilustre escritor rianxeiro Rafael Dieste, filla de Eduardo, un dos irmáns maiores do celebrado autor de A fiestra baldeira. Mireya-Magdalena, que residía en A Coruña, pasou boa parte da súa nenez en Rianxo e logo comezou un periplo polo mudo acompañada en primeira instancia polo seu pai, que era diplomático. Mireya foi unha intérprete moi destacada de piano. Render homenaxe ás súas importantes contribucións e ao seu legado é un dos grandes obxectivos do memorial rianxeiro que leva o seu nome e que chega, como dixemos, á súa quinta edición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...