Os obradoiros sobre acoso escolar por orientación sexual recalan en sete centros educativos de Ribeira

09 Novembro 2022

Os obradoiros formativos sobre acoso escolar promovidos polo Instituto de Mediación Educativa de Ribeira (IMER) e a Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade do Concello de Ribeira a través do CIM recalan esta semana en sete centros educativos do municipio.

Cómpre lembrar que esta iniciativa, denominada Dereito a saber: obradoiro sobre diversidade, ten como obxectivo ofrecer ferramentas para combater unha problemática existente na nosa sociedade como son os casos de acoso escolar derivados de calquera tipo de discriminación e sinaladamente por razóns de orientación sexual.

A tal efecto, o pasado 26 de outubro houbo un obradoiro didáctico destinado ao profesorado e nestes días estase a celebrar talleres para o alumnado dos diferentes centros de secundaria, bacharelato e FP do termo municipal. Concretamente, onte tivo lugar nos colexios Sagrado Corazón de Castiñeiras e Bayón; hoxe está a celebrarse no IE Número 1, CIFP Coroso e colexio A Milagrosa de Oleiros; e este xoves 10 de novembro terá lugar no IES Leliadoura e no colexio Galaxia.

Os relatores encargados de impartir a formación son expertos pertencentes á Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual da Coruña (ALAS).

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.