A empresa ADECCO informou da publicación dunha importante oferta laboral de interese para as e os traballadores da nosa comarca. Trátase de 20 vacantes de auxiliar de fábrica para ser cubertas en Boiro, “nunha factoría de gran relevancia no sector”, centrada en produtos alimentarios do mar.
A través desta oferta procúranse operarias e operarios con experiencia na manipulación e limpeza de peixes, mariscos e cefalópodos. Ofrécese contrato 1 mes e medio (ata o 20 de decembro) e posibilidade de retornar en xaneiro, traballo en quendas rotativas e a posibilidade de “formar parte dunha empresa referente no sector”. A xornada de traballo sería a xornada completa e o tipo de contrato, temporal. Non se require experiencia previa. O número de vacantes é, como dixemos, de 20.