O sábado Festival Folclórico en Dodro

14 Novembro 2022

O próximo sàbado 26 de novembro ás 18h no Local Social do Montiño en Imo, (Dodro)  a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño celebra a súa cita do FESTIVAL FOLCLÓRICO 2022 e ademais faráse un especial recoñecemento a Tomás do Rego “O Gaiteiro de Bexo” que leva mais de setenta anos tocando a gaita e foi mestre de toda unha xeración de gaiteiros da comarca.

Un dos grupos cos que tocou foi “Os Rosales” de Asados xunto con Pepe Romero e Maruxa Miguéns que tamén asistirá ó festival.

Foi fundador do grupo “Aires da Nosa Terra” de Laíño co que tocou en numeroasa festas e certames folclóricos por todo o país e colaborou con outros grupos da comarca do Sar e a Arousa. 

Os grupos participantes neste FESTIVAL FOLCLÓRICO 2022 serán: Aires do Río VelloOs Centenarios, Xoldra, Os Liantes, Chorima, Os Mersenarios e para rematar o grupo folclórico da Asociación de Veciños de San xoán de Laíño: Foliada do Montiño.

A Asociación de Veciños convida a toda a veciñanza da comarca a este festival que rematará con unha foliada libre e pinchos para todos os asistentes. 

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.