O Reino de Galicia estará presente na Culturgal da man da Deputación da Coruña

22 Novembro 2022
O Reino de Galicia estará presente na Culturgal da man da Deputación da Coruña

O Reino Medieval de Galicia chegará esta fin de semana á Culturgal da man da Deputación da Coruña. A área provincial de Cultura, que xestiona o deputado Xurxo Couto, contará nesta edición da Feira cun stand propio dedicado a difundir e socializar o Reino de Galicia tanto a través de materiais gráficos creados adhoc para esta ocasión, como amosando o resultado de varios dos proxectos premiados na convocatoria do ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2021-22’.

Trátase do broche final ao primeiro ano da nova liña de traballo posta en marcha pola área de Cultura da Deputación que, ademais dos 20 proxectos premiados na convocatoria –que terá continuidade en 2023-, tamén vén de celebrar o primeiro congreso internacional na historia do país dedicado a dar a coñecer a etapa medieval galega. Así, as persoas que se acheguen ao stand da Deputación da Coruña poderán coñecer de xeito gráfico e rigoroso a extensión e cronoloxía do Reino de Galicia, a través de materais de difusión como mapas ou un pequeno folleto a cargo do historiador Anselmo López Carreira, comisario do Congreso celebrado en setembro.

Ademais destes materiais divulgativos, no posto da Deputación tamén haberá mostras dos resultados de varios dos proxectos premiados ao abeiro do ‘Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia 2021-22’, que poderán consultarse en formato físico e online a través de dispositivos a disposición do público.

Ademais do stand, Cultura da Deputación tamén participa con actividade propia na programación xeral da Feira. Así, o sábado 26, ás 1h no Espazo Infantil, terá lugar un concerto a carto das bandas e artistas que participan no certame ‘Quero Cantar’; mentres que o domingo 27, ás 14h no Espazo Libro, o deputado de Cultura, Xurxo Couto, participará na presentación da obra “Que se me pare o corazón se te esquezo”, gañadora do premio Raíña Lupa, da man da autora Andrea Maceiras e da comisaria dos premios literarios da Deputación, Susana Pedreira.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.