O obradoiro Tahume VIII familiarizouse co funcionamento da Lonxa de Ribeira

24 Novembro 2022

No día de hoxe, os alumnos do Obradoiro Tahume VIII tiveron a ocasión de realizar unha visita a Lonxa de Ribeira. En dita visita, os alumnos tiveron a oportunidade de ver as instalacións da Lonxa de mans de persoal da Lonxa, de poder ver as instalacións da empresa ribeirense Pescados Paco e de asistir en directo a subasta da ameixa, afondando así no funcionamento dunha das principais rulas da xeografía galega.
A visita abrangou tanto á especialidade de cociña como a de confección de redes dun obradoiro compartido polos concellos de Porto do Son e Ribeira. Hai que recordar que Tahume VIII principiou
no pasado outubro e que a especialidade ‘Operacións básicas de cociña e pastelería’ está sendo cursada por 12 alumnos e a de ‘Confección e montaxe de artes e aparellos’, por oito. Ambos cursos constan dunha fase inicial que se imparte no edificio do Mercado Municipal de Ribeira e dunha segunda fase na que os alumnos de artes e aparellos trasladáronse ó Viveiro de Empresas de Porto do Son.
A duración deste obradoiro dual é de un ano.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...