O domingo o ceo estará parcialmente cuberto, con chuvias que comezarán ao final da tarde

19 Novembro 2022

O domingo será unha xornada de transición, agardando unha nova fronte que chegará xa pola noite. Con esta situación, o ceo estará parcialmente cuberto, con chuvias que comezarán ao final da tarde polo oeste de Galicia, estendéndose progresivamente pola noite a todo o territorio galego. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. Os ventos comezarán a xornada de compoñente oeste e co avance do día irán virando a suroeste, con intervalos fortes no litoral da Coruña á noite.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 12° 17°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 1

Atención para domingo: Vento do sur e suroeste en aumento e redución da visibilidade coa chegada da fronte cálida. Mar de fondo do noroeste, con ondas superando lixeiramente os 4 metros de altura ao final da xornada.

meteogalicia

o noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:093.1 m
Baixamar07:091.2 m
Preamar13:203.2 m
Baixamar19:380.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:013.0 m
Baixamar07:011.2 m
Preamar13:123.2 m
Baixamar19:281.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:063.0 m
Baixamar07:061.2 m
Preamar13:173.2 m
Baixamar19:350.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Sábado con chuvascos e baixa da temperatura

O sábado Galicia queda na influencia das baixas presións que se situarán ao norte da Comunidade, deixando unha xornada de chuvascos localmente treboentos máis intensos no litoral e que irán a menos co avance da tarde, sendo pouco probables no interior pola noite. A...

+

Venres con chuvias mais intensas pola tarde e baixa das temperaturas

Unha fronte asociada a unha borrasca centrada moi cerca de Galicia deixará ceos nubrados,con precipitacións que pola tarde serán máis intensos e poderán vir localmente acompañados de sarabia. A cota de neve baixará durante o día e pola noite quedará arredor dos 1200...

+

Xoves regresan os chuvascos e e baixan as temperaturas

Aumenta a inestabilidade atmosférica durante este día, con entrada de aire frío en capas altas. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados e chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...