O domingo será unha xornada de transición, agardando unha nova fronte que chegará xa pola noite. Con esta situación, o ceo estará parcialmente cuberto, con chuvias que comezarán ao final da tarde polo oeste de Galicia, estendéndose progresivamente pola noite a todo o territorio galego. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas. Os ventos comezarán a xornada de compoñente oeste e co avance do día irán virando a suroeste, con intervalos fortes no litoral da Coruña á noite.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 12° 17° |
Temperatura da auga (°C) | 17° |
Índice ultravioleta máx. | 1 |
Atención para domingo: Vento do sur e suroeste en aumento e redución da visibilidade coa chegada da fronte cálida. Mar de fondo do noroeste, con ondas superando lixeiramente os 4 metros de altura ao final da xornada.

o noso mar: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 3 a 4 metros á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:09 | 3.1 m |
Baixamar | 07:09 | 1.2 m |
Preamar | 13:20 | 3.2 m |
Baixamar | 19:38 | 0.9 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:01 | 3.0 m |
Baixamar | 07:01 | 1.2 m |
Preamar | 13:12 | 3.2 m |
Baixamar | 19:28 | 1.0 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Preamar | 01:06 | 3.0 m |
Baixamar | 07:06 | 1.2 m |
Preamar | 13:17 | 3.2 m |
Baixamar | 19:35 | 0.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)