O Concello de Lousame convoca un curso gratuíto de autodefensa para mulleres

17 Novembro 2022

O Concello de Lousame abriu o prazo de inscrición do seuCurso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, que se vai artellar en dúas sesións gratuítas a desenvolver os sábados 10 e 17 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, no ximnasio do CPI Cernadas de Castro de Lousame. A actividade abéirase ás celebracións locais do 25-N.

O curso será monitorizado por persoal especialista da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que ensinarán ás alumnas a actuar diante de situacións problemáticas a través de técnicas de autodefensa. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse na Concellería de Igualdade de Lousame, no no WhatsApp 689 126 385 ou no correo igualdadelousame@gmail.com, facendo constar o nome, apelidos, teléfono, idade e municipio de residencia.

Este curso está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, a Federación Galega de Loita, a Academia Galega de Seguridade Pública e o Ministerio de Igualdad.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.