O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para unha bolsa de emprego de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local

11 Novembro 2022

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local. O prazo de presentación de solicitudes está aberto e toda a información sobre o proceso selectivo a disposición das persoas interesadas na web municipal e na portería da Casa Consistorial. O Concello tamén lembra que as bases foron publicadas este venres 11 no BOP. Con este proceso quérese dar forma “a unha bolsa para a contratación laboral temporal de axentes de emprego e desenvolvemento local do subgrupo A2”. O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal axeitada para cada caso.

As persoas aspirantes a participar deste proceso selectivo deben cumprir unha serie de requisitos, como son todos aqueles esixíbeis para acceder ao emprego público, así como acreditar estar en posesión do título de estudos universitarios como licenciado, grao, diplomado universitario ou equivalente, esixido para o grupo A2. Ademais, é preciso estar inscrito como demandante de emprego, ocupado ou non, no servizo público de emprego de Galicia.

Para participar deste proceso selectivo as persoas interesadas deben presentar a solicitude e toda a documentación, nun prazo de cinco días hábiles a contar dende o vindeiro luns, no Rexistro Xeral do Concello de Boiro aberto de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica.

Outros artigos

Boiro impulsa un Camiño Escolar Seguro cara aos centros educativos

O Concello de Boiro e a Policía Local, xunto coa comunidade educativas do CEIP Santa Baia, o CEIP Praia Xardín e o IES Praia Barraña realizaron este 24 de abril unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. Na actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...