O CIM de Ribeira formará aos estudantes do concello en saúde afectivo-sexual e igualdade

03 Novembro 2022

O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira vai impartir ao longo do presente curso un ciclo de obradoiros de saúde afectivo-sexual e de aprendizaxe en igualdade. Farao nos centros educativos do concello. Con este programa educativo, o CIM, dependente da Concellería de Servizos Sociais, quere poñer o foco na formación e na sensibilización temperá. Así o fixeron saber a concelleira Ana Barreiro e a directora do CIM Dolores Crujeiras, quen comunicaron que esta iniciativa abrangue dous tipos de obradoiros: de saúde afectivo sexual, destinado a alumnado de 2º e 4º de ESO e FP Básica; e de aprender igualdade creando, para estudantes de 6º de Primaria.

Tamén fixeron saber que unha das principais novidades en relación a esta acción é que “foi concibida como unha oferta a medida na que os centros interesados van poder decidir cando realizala en función da súa dispoñibilidade”.

No que atinxe aos obradoiros de saúde afectivo sexual, terá seis horas de duración en varias xornadas consecutivas, e teñen como obxectivo fomentar unha sexualidade saudábel e con perspectiva de xénero, propoñéndose actividades participativas, adaptadas ás necesidades do alumnado que teñen como principal finalidade potenciar os respecto en temas sobre saúde afectivo sexual, favorecendo habilidades de comunicación e actitudes de empatía.

E no que se refire ao obradoiro de aprender igualdade creando, tamén vai ter seis horas de duración en xornadas consecutivas e nel cada centro educativo vai poder seleccionar a temática que considere máis axeitada, así como o formato ou técnica para o seu desenvolvemento, escollendo entre catro opcións: conto/cómic, publicidade/marketing, fotografía e audiovisuais/dramatización.

A recepción desta dobre oferta entre a comunidade educativa está a resultar moi positiva xa que doce dos catorce centros á que iría destinada xa pediron participar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

“Compromiso contra la pobreza”. José Manuel Pena

La crisis, el paro y la desigualdad han creado una España de dosvelocidades. Cáritas, Unicef, Oxfam Intermon. Cruz Roja, Eapn. La Alianzacontra la Pobreza e incluso la ONU y el Banco Mundial señalan que España esel cuarto país de la Unión Europea con más desigualdad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.