O BNG presenta alegacións ao proxecto da Xunta que prohibe o acceso e a pesca deportiva en Rúa e Guidoiros

11 Novembro 2022

Os portavoces do BNG en Ribeira e na Illa de Arousa, Luís Pérez e David Mochales, a deputada Rosana Pérez e a concelleira Cruz Rivadulla, presentaron este venres 11 de novembro as alegacións do partido ante o proxecto da Consellaría de Medio Ambiente de querer restrinxir o acceso ao illote de Guidoiros Areoso, prohibir a pesca recreativa e o acceso á illa de Rúa, a Guidoiros Pedregoso.

Os nacionalistas cren que o documento presentado pola Consellaría de Medio Ambiente “chega tarde” e “sen o debido consenso social que debería ter e sen medidas que permitan protexer os valores ambientais ao tempo que se permiten actividades respectuosas co medio natural”.

Segundo a parlamentaria Rosana Pérez Fernández, “é evidente que hai que regular a afluencia de persoas que chegan a este territorio insular para preservar os valores naturais e culturais dos illotes, mais non pode facerse sen o consenso necesario entre os sectores afectados e a propia poboación”.

Fernández critica que “tras décadas de inacción por parte da Xunta, a única solución que ofrece o Goberno galego para evitar o deterioro dos illotes pasa unicamente por prohibir”. E engadiu: “Prohiben o acceso aos illotes, a pesca recreativa, as regatas a vela, remo e nado, só establecen prohibicións sen contemplar un programa de investimentos que permitan facilitar a recuperación ambiental da zona”.

Pola súa banda, o portavoz da formación na Illa de Arousa, David Mochales, afirmou que se “están establecendo unhas restricións que non teñen fundamento científico polo que reclamou que as cifras de visitantes diarios ou a prohibición da pesca ou acceso aos illotes debería estar fundamentada con informes e datos elaborados por profesionais que expliquen as motivacións que levan a adoptar esas medidas e establezan recomendacións”.

Pola súa parte, o portavoz do BNG en Ribeira dixo ter claro que “tanto a illa de Rúa como os illotes Guidoiro, son un espazo de alto valor ambiental que deben preservar os seus valores naturais e culturais” pero isto “non é incompatíbel con actividades tradicionais e sustentábeis como a pesca recreativa”.

Neste sentido, as alegacións formuladas polo BNG reclaman que a Xunta de Galiza retire o documento para establecer un diálogo coa comunidade científica que elabore un Plan de usos con espazos zonificados, faga un estudo da realidade socioeconómica da zona, defina uns obxectivos de conservación, destine orzamento a evitar o deterioro dos illotes e permita as actividades respectuosas co medio natural.

Desde a organización nacionalista proponse que non se prohiba a pesca recreativa, as regatas de remo, vela ou nado por seren actividades todas elas sostíbeis e compatíbeis coa conservación desta zona da ría de Arousa. Por último, propoñen fomentar o ecoturismo, desestacionalizar as visitas e aprobar un programa de financeiro de investimentos que permitan recuperar espazos degradados e accións de educación ambiental para escolares e poboación xeral.

Outros artigos

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.