“Non hai Galicia sen mar, sen azul” – Antón Luaces

16 Novembro 2022

A vella historia pesqueira de Galicia e o recoñecemento mundial da importancia desa historia e da propia terra galega por efecto da pesca, ten tres eixes ou fases fundamentais, como dicía nunha ocasión o catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e ex-presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe: a etapa das baleas, a etapa do bacallau (o peixe que puido ter cambiado o mundo) e posteriormente, a pescada. Estas tres etapas foron esenciais para a paisaxe e a paisanaxe galegas. Pero en cada un deses itinerarios pesqueiros, a man do home foi sempre decisiva tanto para o descubrimento comercial de cada especie como para contribuír á diminución -en ocasións ata case que o exterminio- dalgunhas delas.

En cada alancada que se daba na andaina emprendida, Galicia e os mariñeiros galegos -con morea de grandes especialistas como patróns de pesca e patróns de costa, primeiro, e como capitáns posteriormente- estaban presentes. Todos os mares, todos os océanos do mundo teñen referentes de galegos, con milleiros de mortos e unha manchea de homes (agora tamén de mulleres) que coa súa marca específica deron nome a praias, caladoiros e mesmo peixes que se fixeron comerciais porque os galegos os capturaban en calquera lugar do mundo e os consumían a bordo e posteriormente nas súas casas. En Europa sábese ben. Como tamén se sabe no norte, centro e sur de África tanto pola banda de babor como a de estribor deste inmenso continente, ou en augas de Norteamérica (que falen as ondas e os fríos de Boston) e as feras e matricias de Malvinas, de Argentina; de Australia, de Seychelles e tantos e tantos outros lugares do mundo, Europa incluída.

Terranova, Gran Sol, Marrocos, Mauritania, Guinea, Namibia… cantas historias, cantas vivencias, canto ensinar a quen apenas sabía pescar a máis dunha milla da costa!.

A Coruña foi o primeiro porto pesqueiro de fresco de España. Vigo foi o primeiro de España de conxelado. Ribeira centrou a pesca do día. Celeiro e Burela marcaron un estilo, unha arte, e xunto cos compañeiros de Euskadi -como antes coas baleas e o bacallau- valorizaron o bonito e a anchoa que tan ben elaboraban e elaboran en Cariño e Santoña (Cantabria).

Sada, Malpica, Portosín, A Guarda, Porto do Son, Portonovo, Fisterra, O Grove, Rianxo, Cedeira, Cabo de Cruz e moitos outros portos galegos foron marcando fitos coa pesca de baixura e artes moi distintas para encher os parques das lonxas, os postos dos mercados e as mesas dos fogares e restaurantes de toda España.

Mar e cor azul tamén para as conservas de peixe, cefalópodos, bivalvos… Galicia e o mar sempre xuntos. Ata que o desafío comunitario nos levou a unha Unión Europea que agora, grazas á Comisión de Pesca do señor Sinkevicius, pretende vetar toda canta pesca de fondo ou arrastre veu practicando nas últimas décadas a frota galega, nun intento evidente de acabar co azul e co mar que tanto contribuíron a manter os galegos, Galicia.

Outros artigos

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.