Mércores con chuvia nas primeiras horas e nubes e claros no resto do día

08 Novembro 2022

O mércores Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, sendo unha xornada de transición cara á influencia anticiclónica. Polo tanto, o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións dispersas e intermitentes, máis frecuentes pola mañá no oeste do territorio, que remitirán ao longo da tarde.

Na madrugada do xoves, día 10, é posible a formación de bancos de néboa en comarcas do interior. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo en xeral e virará de compoñente oeste a compoñente sur ao longo do día.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 11° 18°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx. 2
meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 1 a 2 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:103.7 m
Baixamar10:170.6 m
Preamar16:263.6 m
Baixamar22:290.7 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:013.6 m
Baixamar10:070.6 m
Preamar16:193.6 m
Baixamar22:200.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:053.7 m
Baixamar10:120.6 m
Preamar16:233.6 m
Baixamar22:250.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...