Licitado o proxecto para mellorar a accesibilidade o firme na rúa do Carreiro en Aguiño

24 Novembro 2022

O Concello de Ribeira vén de licitar as obras para a mellora da accesibilidade e a pavimentación na rúa do Carreiro, situada na parroquia de Aguiño: unha intervención que conta cun orzamento base de 48.311,29 euros e un prazo de execución de tres meses. O obxectivo (segundo consta no proxecto técnico dos servizos municipais) é mellorar a accesibilidade na devandita vía, renovando as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil e substituíndo tamén o firme da calzada.

Así, as beirarrúas serán renovadas e ampliadas empregando un pavimento continuo de formigón, en tanto que nos accesos dos viandantes e nas subidas e baixadas colocarase baldosa hidráulica tipo botón. Tamén será mellorado o tráfico rodado estendendo unha nova capa de aglomerado en quente.

As empresas interesadas dispoñen ata o 2 de decembro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.