Helena Villar presenta de De rosa antiga o vindeiro 12 de novembro en Rianxo

04 Novembro 2022

A escritora Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá pero rianxeira de adopción, vai presentar a súa nova obra, De rosa antiga, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, o vindeiro 12 de novembro ás 20.30 horas. O acto, co-organizado pola Asociación Cultural Barbantia, contará coa presenza de Marcos Calveiro (Editorial Galaxia), Mª Xesús Blanco (AC Barbantia), Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) e a propia autora. Trátase dunha actividade abeirada á programación Outono Cultural 2022 impulsada pola área de Cultura municipal.

De rosa antiga, editada na colección Dombate, conmemora as vodas de ouro de Helena Villar Janeiro coa poesía (1972-2022), unha escolma que achega unha significativa mostra do que leva dado de si a polifonía dun canto que se iniciou hai cincuenta anos, con Alalás (1972).

Poeta serodia e non doada de situar nun grupo establecido, participou no Colectivo Cravo Fondo (1979), cando as mulleres non interviñan nestas experiencias comunitarias, e escribiu un dos primeiros poemarios femininos de contido erótico. Da voz intimista do inicio, a súa obra evolucionou cara a novas temáticas e ritmos, desde a poesía mínima dos inicios, que culminou nos haikus, ata contidos de carácter social ao redor das perspectivas feminista, ecoloxista e solidaria coa dor de todos os exilios (notas de Galaxia).

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...