Fran Pérez será o candidato do PSdG-PSOE ás eleccións municipais en Noia

24 Novembro 2022


O Partido Socialista de Noia vén de rematar as súas primarias internas, cuxo resultado foi a
elección de Fran Pérez como candidato á alcaldía. Nado en Noia no ano 1968, Fran traballa
como empresario no sector da comunicación gráfica dende hai más de 30 anos, ocupación que
compaxinou con outras actividades empresariais e cunha activa participación en diferentes
entidades de interese público a ao servizo da vila e o concello, entre elas a máis recente como presidente dos empresarios e empresarias de Noia.

Durante a asemblea na que se proclamou a Fran Pérez para liderar a lista dos/as socialistas de
Noia, constatouse “a unidade do partido en torno ao novo candidato”, sinalaron as e os militantes. Pérez indicou que “eu son desas persoas que cando algo esta mal non se resigna, actúo” e seguiu explicando que “imos crear unha alternativa de goberno realista, executable e imbatíbel; baseada en deseñar un proxecto de pobo, saber a onde queremos chegar e marcar obxectivos e accións necesarias para alcanzar o devandito fin”.

Fran Pérez comentou tamén que “non nos podemos resignar máis a ver o progreso dos nosos veciños e veciñas, e nós seguir, goberno tras goberno sen avanzar”. Tamén indicou que “desexo que este labor sexa conxunto con todos os sectores da sociedade participando nel a través de todos os colectivos e entidades que os representan (empresarios/as, comerciantes, colectivo da educación, traballadores/as, ONGs, sector da cultura …) cos que traballaremos man a man”.

Por outra banda Pérez recordou que “na política local o máis importante son as persoas, a capacidade de xestión e planificación, e o traballo, moi por enriba das siglas, e acadar a consecución dos proxectos depende destes factores” o que importa é “defender a Noia e a súa cidadanía por riba de todo”.

Outros artigos

Noia celebra este sábado 21 a súa andaina solidaria contra o cancro

Este 21 de setembro celébrase en Andaina Solidaria Noia en Marcha Contra o Cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e máis o Concello. A andaina está fixada para este sábado con saída ás 17.00 horas dende a Alameda. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

“Eu vi a árvore chorar” – Manuel Domínguez

Eu vi a árvore chorar. Em honra da verdade choramos juntos. E entre lágrimas e balbucios de palavras, mesmo entendendo porque ele estava chorando, perguntei a ele. Ele não estava chorando pela fruta perdida, podiam ser maçãs, laranjas, neste caso eram pinhas, pinhas...