Dez vehículos boirenses participarán no II Rally Ria de Arousa que se celebra esta fin de semana

10 Novembro 2022
Dez vehículos boirenses participarán no II Rally Ria de Arousa que se celebra esta fin de semana

Boiro acolle esta fin de semana a II edición do Rally Ria de Arousa que se celebra nos catro municipios do Barbanza. A concelleira de Deportes, Dores Torrado, recibiu esta tarde aos pilotos boirenses que van participar nesta proba.
En total participan na proba preto de 25 boirenses entre pilotos e copilotos: 09 Tinín Iglesias – Bárbara Oubel; 16 David Lojo – Alex Somoza; 29 Javier Eiras – Manuel Raído; 35 Lisardo Abelleira – Martín Cuiña; 42 Álvaro Castro – Isidro Rey; 43 Roberto Suárez – Cristian García; 57 Alex Otero – Lara Gómez; 67 Borja Sóñora – Michael Cortegos; 73 Carlos Vilas – Adrián Rubio; 81 Alfonso Prieto – Diego Creo; 95 Pablo Blanco – Brais Ramallo; 97 Evelyn Solares – David Carou; 98 Esteban González – Daniel Outeiral; 126 David
Núñez – Albino Muñoz; 127 Daniel Domínguez – Adrián Blanco; 130 Dani Suárez – Manuel Castro.
Cabe destacar que de todos os boirenses que participan, o dorsal 42 con Álvaro Castro e Isidro Rey vai disputar nesta proba unha beca da Federación para a próxima tempada. Os participantes mostráronse moi satisfeitos con poder competir na casa. “Sabemos que é unha proba complexa, que require
mobilizar a un gran número de efectivos pero permite promocionar o deporte do automobilisimo, que ten un gran número de seguidores, no noso municipio e na nosa comarca”, afirmou a concelleira Dores Torrado.
Con motivo da celebración desta proba deportiva, durante a fin de semana vanse producir cortes ao tráfico e non estacionamento nas distintas zonas polas que transcorre o circuíto fixado. No núcleo de Boiro afectará ao estacionamento na Avenida da Constitución, no marxe de subida entre a Av. da
Avellaneda e a Av. de Barraña, o domingo entre as 8.00 e as 13.00 horas para o agrupamento de vehículos.

O sábado estarán afectados con cortes de tráfico os núcleos de Montañó, Montaña, Piñeiro e o acceso de Rosadelas cara o Campo da Mina. Quedarán tamén cortados entre as 12.00 e as 21.00 horas os accesos dende Escarabote a Montaña, Montañó e Piñeiro, tamén Mosquete e Escobias, aos que se poderá acceder por Runs.
O domingo queda cortado o acceso dende o campo de fútbol de Bealo ata Belles de Arriba entre as 6.45 e as 14.45 horas. Tamén quedan cortados os accesos entre Cadarnoxo e Sealo, por onde se realiza o segundo tramo, entre as 6.45 e as 14.45 horas. Tamén o acceso de Boimazán ao Aruxo e Candosa
no mesmo horario.
Os horarios poderán sufrir modificacións en función do desenvolvemento da proba.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...