Deportes de Rianxo e a Piscina Municipal organizan unha andaina contra a violencia machista o vindeiro 26 de novembro

14 Novembro 2022

O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo e a Piscina Municipal de Rianxo organizan o vindeiro 26 de novembro a Andaina Rianxo en Negro, dentro dos actos do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. A actividade desenvolverase o sábado 26 a partir das 9 horas. O percorrido está en fase de deseño pero Deportes do Concello e a Piscina xa comunicaron que terá un itinerario de 15 quilómetros e será de dificultade media, por camiños de Rianxo, Asados e Leiro. As inscricións poderán formalizarse en liña ou a través do Servizo de Deportes, nos pavillóns municipais e na Piscina Municipal ata as 14 h. do xoves, 24 de novembro.

Será unha actividade de balde dirixida a persoas maiores de 14 anos. O mínimo de inscricións para iniciar a actividade é de 25. A reserva da praza farase por orde de inscrición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión