Barbantia, o Concello de Rianxo e Galaxia presentan este venres A agonía das folerpas de Óscar Reboiras

20 Novembro 2022

A Área de Cultura de Rianxo, a Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia organizan o vindeiro 25 de novembro a presentación o libro A agonía das folerpas de Óscar Reboiras Loureiro. Será ás 21.00 horas no salón de actos do Auditorio de Rianxo. Participarán no acto literario, acompañando ao autor, Raquel García Abuín, concelleira de Cultura de Rianxo, Antón Riveiro Coello, escritor e membro da Asociación Cultural Barbantia, e máis o alcalde rianxeiro Adolfo Muíños.

A cita contará cunha intervención musical de Félix Rodríguez Ramos (Bombardino) da Escola de Música de Rianxo. A presentación coincidirá no tempo coa presentación do suplemento cultural número 179 de A Voz de Barbantia, que sairá do prelo o 26 de novembro con La Voz de Galicia.

Esta obra, publicada por Galaxia, foi galardoada co Premio de Novela Galicia Rural 2022, convocado polo Concello de San Xoán de Río.

Sinopse (Galaxia)

A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada.

A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas.

Unha noviña xornalista chega por casualidade ao lugar. O que en principio é un achado arqueolóxico, convértese nun suceso que revoluciona a actualidade informativa.

A agonía das folerpas xunta todos estes ingredientes e, sobre todo, as vidas dos seus protagonista. Tres seres solitarios que buscan, cada un ao seu xeito, evadirse dunha existencia baleira. Tres persoas que non semellan encaixar e que, non obstante, acaban formando equipo co obxectivo de descubrir que esconden as mortes de Salgueiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...