Ampliada o mércores a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego

15 Novembro 2022

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta vén de ampliar a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa que afecta a toda a costa comezará ás últimas horas da xornada de hoxe. Agárdase vento do suroeste de forza 7, que poderá acadar forza 8 ao norte de Fisterra, e mar combinada do oeste ao noroeste con ondas de ata 6 metros, que poden aumentar no Oeste e Noroeste da Coruña ata os 7 metros.

En Lugo, principalmente cara a Bares e mar adentro, o vento será do oeste ao suroeste con forza 7 e haberá mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Acónsellase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Venres con chuvias mais intensas pola tarde e baixa das temperaturas

Unha fronte asociada a unha borrasca centrada moi cerca de Galicia deixará ceos nubrados,con precipitacións que pola tarde serán máis intensos e poderán vir localmente acompañados de sarabia. A cota de neve baixará durante o día e pola noite quedará arredor dos 1200...

+

Xoves regresan os chuvascos e e baixan as temperaturas

Aumenta a inestabilidade atmosférica durante este día, con entrada de aire frío en capas altas. Deste xeito, teremos ceos con intervalos nubrados e chuvascos ocasionais. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un moderado...

+

Martes, San Xurxo, sol e baixa da temperatura

O martes Galicia mantense na influencia do anticiclón, que se retira cara ó oeste deixando un réxime de ventos do norte que traerán unha masa de aire máis fría. Así, comezaremos a xornada cos ceos despexados e a partir do mediodía entrarán as nubes polo norte quedando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...