A veciñanza de Corrubedo volveu concentrarse este xoves para reclamar que se recupere o servizo médico

24 Novembro 2022

Como cada xoves, a veciñanza de Corrubedo volveu concentrarse hoxe a carón do centro de saúde local (no edificio da Casa do Mar) para reivindicar a continuidade do servizo médico. “Levamos dende principio de novembro sen médico”, comentaron as persoas mobilizadas, poñendo o foco na irregularidade do servizo: “O médico vén algún día entre semana, dúas horas, e algunhas semanas nin aparece”. Tamén mostraron a súa intención de seguir manifestándose todos os xoves e engadiron a súa intención de viaxar a Santiago para incrementar as protestas e facer que se escoiten na capital galega.

Tanto na concentración deste 24 de novembro coma no do xoves pasado púxose o foco na necesidade de seguir insistindo e alzando a voz para a recuperación do servizo, tal e como se fixo en Palmeira, “onde tiveron que padecer a falta de médico durante meses até que a loita veciñal conseguiu forzar ao Goberno galego a cubrir a praza cunha doutora a tempo completo”.

As accións están a ser apoiadas polo PSOE local e o BNG, entre outras agrupacións. Nas concentracións do xoves pasado, os membros do BNG expresaron o seu temor de que a falta de médico continuada sexa “a antesala perfecta para o feche do consultorio de Corrubedo como aconteceu cos de Taragoña e Cabo de Cruz, clausurados a comezos da pandemia e que nunca máis volveron abrir”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.