A maioría das confrarías de pescadores revalidan no seu cargo aos seus patróns

24 Novembro 2022

A Consellería do Mar informou este 24 de novembro que un total de 48 patroas e patróns maiores das confrarías galegas renovaron o seu cargo tralas terceiras eleccións unificadas nestas entidades, nas que o pasado 29 de outubro 62 delas votaron de xeito simultáneo para elixir aos seus representantes para os vindeiros catro anos. Mentres, nas 14 restantes cambia a persoa que vai encabezar a súa xestión na vindeira lexislatura.

Este xoves 24 foron proclamados definitivamente os novos responsábeis desas 62 confrarías e o seguinte paso é a súa toma de posesión, que se producirá este venres. A duración do mandato tanto da patroa ou patrón maior como do resto de órganos da confraría -xunta xeral e cabido- será de catro anos, podendo ser reelixidos por períodos de igual duración.

Unha vez tomen posesión as novas patroas e patróns maiores avánzase co proceso electoral unificado co obxectivo de renovar completamente os órganos reitores das confrarías de pescadores da comunidade e das súas federacións.

Patróns electos nas confrarías da nosa comarca

Lira

José Mariano Lago Louro

Muros

Manuel Daniel Formoso Moledo

Palmeira

Miguel Antonio Franco Parada

Ribeira

José Antonio Pérez Sieira

Portosín

José Isaac Gaciño Santos

Carreira-Aguiño

José Antonio Santamaría Sampedro

Cabo de Cruz

Jesús Pérez Dieste

A Pobra do Caramiñal

Enrique Maceiras Fernández

Rianxo

Miguel Ángel Iglesias Romero

O Pindo

Fernando Manuel Siaba Espasandín

Noia

Santiago Cruz Martínez

Porto do Son

Emilio Queiruga Santamaría

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.