A entrega de guías e unha charla marcan o inicio das VI Xornadas Micolóxicas na Pobra

02 Novembro 2022

Arrancan as VI Xornadas Micolóxicas na Pobra do Caramiñal co repartimento de guías micolóxicas
elaboradas por MycoGalicia Plantae a alumnado de terceiro curso do CEP Salustiano Rey Eiras e do CEP Pilar Maestú Sierra. Nesta mesma xornada, a asociación medioambiental AMABUL impartirá o coloquio Introdución á micoloxía. Será ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Trátase dunha axenda impulsada no outono dende a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), para afondar no estudo dos fungos, achegándolle coñecementos básicos sobre estes á cidadanía.
O eido dos simposios continuará no venres 4, ás 20.30 horas, na dita instalación municipal, coa charla A importancia ecolóxica e ambiental dos fungos. A recuperación de terreos incendiados, tamén a cargo da referida entidade.
No día seguinte, sábado 5, a carballeira da Silva acollerá o obradoiro familiar Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico, en horario de 15.00 a 18.00 horas. En caso de chuvia, trasladarase á unitaria do
Vilariño. Está dirixido a crianzas ata 12 anos, que deberán estar acompañadas dunha persoa adulta, e requírese a inscrición previa de balde no enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com.
Xa están esgotadas as prazas para as actividades do domingo 6: visita guiada polo campo, exposición de cogomelos e degustación gastronómica con Gastrolab Arousa. Aproveitarase a ocasión para facer
entrega dos premios ás persoas gañadoras do VI Concurso Fotográfico de Micoloxía, que repartirá un total de 750 euros mediante vales de compra para empregar no comercio local.

E, durante a primeira quincena do mes de novembro, a casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler dará cabida a unha mostra composta polas imaxes gañadoras do certame en anteriores convocatorias. A sala permanece aberta de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00
a 20.00 horas.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...