A Deputación entrega bicicletas e equipos de comunicación a dez agrupacións de Protección Civil, incluídas as de Pobra, Ribeira e Muros

04 Novembro 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Promoción Económica, Blas García, entregaron este venres 4 de novembro novo material a dez agrupacións de Protección Civil da provincia. En concreto, achegáronse bicicletas ás agrupacións de Ribeira e Dumbría e equipos de comunicación ás bases de Carballo, Bergondo, Muros, Boimorto, A Pobra, Mazaricos, Ares e Abegondo.

O equipamento concedido forma parte dun paquete que chegará a 20 agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña e que inclúe tamén a compra de scooters, que serán entregados en datas vindeiras ás bases de Ames, Betanzos, Negreira, Vimianzo, Boiro, Val do Dubra, A Laracha, Carnota, Muxía e Curtis.

Valentín González Formoso destacou “o apoio da Deputación ás agrupacións de Protección Civil da provincia a través de programas que suman 290.000 euros ao ano” e que “están consensuados coas propias agrupacións para atender as súas necesidades, permitíndolles desenvolver mellor o seu labor”. Neste sentido, subliñou que a renovación dos equipos de comunicación foi o que máis solicitudes rexistrou nesta nova convocatoria.

Un aspecto no que incidiu tamén o deputado Blas García, que lembrou que se trata da primeira vez que a Deputación convoca este programa. “Ata agora, a Deputación daba axudas económicas que cubrían o 80% do custe do material, pero tras escoitar as propostas das propias agrupacións de Protección Civil decidimos cambialo por este novo sistema, no que a Deputación adquire e financia o 100% dos materiais e as agrupacións deciden cales se adaptan mellor ás súas necesidades”, explicou o deputado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.