56 persoas participaron na derradeira etapa do Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia organizada polo Club de Xubilados de Lousame

15 Novembro 2022
A expedición lousamiá entrou na praza do Obradoiro baixo os acordes das gaitas do grupo O Son do Pote

Un total de 56 persoas participaron este domingo 13 de novembro na terceira e derradeira etapa da peregrinación a Compostela, seguindo o trazado do Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame para conmemorar o Ano Xacobeo.

Despois de tres aprazamentos motivados polas malas condicións meteorolóxicas, finalmente o tempo acompañou e a expedición partiu de Bertamiráns sen incidencias.

Coma nas etapas anteriores, a expedición foi guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero.

Romero contou coa colaboración do presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; o concelleiro de Turismo e Relacións Veciñais, José Antonio Ces Barreiro; do técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, canda as dúas voluntarias europeas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas; e da licenciada en historia e técnica municipal de Lousame, Mayte Sobradelo.

A maiores, nesta quenda sumáronse o concelleiro de Obras, Ramón Martínez, e a concelleira de Sanidade e Protección Civil, Yésica Fernández Míguez.

O grupo O Son do Pote foi o encargado de amenizar musicalmente tanto a entrada en Santiago como a estancia no Obradoiro, onde as persoas participantes despregaron unha pancarta coa lenda: Xubilados de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.