Unha muller morre en Carnota o ser alcanzada por un vehículo. Dous accidentes en Boiro

12 Outubro 2022

Unha muller de 70 anos faleceu preto da súa casa o ser atropelada na recta de Lariño en Carnota . O equipo médico nada puido facer por salvar a vida da muller.

O aviso do accidente chegou ao 112 Galicia contra as once da noite pasada a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiña en camiño unha ambulancia para confirmar no lugar do accidente que a persoa estaba falecida.

Para colaborar cos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos membros do GES de Muros, e informouse aos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer todos os detalles sobre o accidente.

Por outra banda en Boiro, concretamente no Polígono Industrial de Espiñeira, dous coches bateron e, como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Así, a maiores da intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pediuse desde o 112 Galicia a axuda dos membros do Servizo Local de Protección Civil e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Este era o segundo accidente de tráfico que se rexistrou no municipio coruñés nas últimas horas de onte, pois un motorista resultou ferido tras colidir cun vehículo en Cabo de Cruz pouco antes das sete da tarde de onte. O choque provocoulle importantes lesións nun xeonllo.  

Outros artigos

PSdG e Marea de Noia levan o Orzamento local ao Xulgado

Manuel Seijas da Marea de Noia e Francisco Pérez do Partido Socialista veñen de anunciar que presentaron recurso ante Xulgado do Contencioso Administrativo contra a aprobación final do Orzamento local relativo ao ano 2024. Segundo o voceiro do PSdG -PSOE de Noia...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...