“Un rapaz goberna ao seu antollo a pesca comunitaria europea”. Antón Luaces

24 Outubro 2022

O capricho dun rapaz. Sinkevicius, de pouco máis de trinta anos e sen a máis mínima experiencia no sector da pesca europea, está afundindo ata onde e posible para el a pesqueira de fondo nas modalidades que teñen que ver cos aparellos que teñen  que ver coa pesca a máis de 400 metros de fondo. Por eses tiquismiquis “sinquevicianos” o sector español leva  perdido  un mínimo do 50% da súa produción no que atinxe á capturada con artes de fondo prohibidas desde o pasado 9 de outubro pola Comisión de Pesca que alguén regalou a Sinkevicius para que tivera con que entreterse  nos despachos que o acubillan e onde debe argallar todo o que pode para botar ao fondo un do máis importantes sectores do conglomerado económico-social da Unión Europea.

Sinkevicius é un torpedo á liña de flotación das frotas atlánticas comunitarias. Nomeadamente ás de España, Portugal, Irlanda e Francia, países estes que ben poden devolverlle a moeda se, como se pretende, á decisión española de presentar diante do Tribunal de Xustiza da UE o anunciado recurso contra ese evidente atentado ao dereito dos barcos con artes de fondo aos que agora se lles prohíbe o exercicio desa actividade.

Dentro de escasamente 20 días, tal recurso -anunciado unha vez máis por España este luns- ese recurso debe estar presentado. E España incentiva a Francia e Irlanda para que apoien -xunto con Portugal- a súa reclamación. Estes países co,unitarios poden e deben  sumarse á demanda xudicial formulada por Espña.

Hai datos económicos que avalan  os importantes danos causados xa ao sector,  dos que, con toda seguridade, a Comisión Europea e o eurocomisario Sinkevicus deberán compensar aos afectados. A España

sumaranse próximamente a OP de Burela (Lugo) e a de ARVI (Vigo), que é como dicir as dúas orgnizacións pesqueiras máis importantes de Europa. Sinkevicius está condenado. Non tardará en sair da estrutura orgánica da UE. Gañóuse o despedimento a pulso.

E por se fosen pouca cousa os recursos citados anteriormente, anoten por favor, o novo informe científico a presentar no vindeiro mes de decembro polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) que, con case que total seguridade, aportará novidades sobre a situación dos ecosistemas mariños que se consideran polo sector como un  corsé imposto sen motivo pola Comisiónn de Sinkevicius.

Aos rapaces hai que lles dar xoguetes electrónicos ou dixitais, pero xoguetes que nada teñan que ver coas cousas de comer, como é o caso wue nos ocupa: ao eucomisario Sinkevicius quédalle moi grande, moito, o cargo outorgado a el pola UE. Millor é que xogue con outros xoguetes menos custosos e que no fagan tanto dano como o que están a causar os concedidos. Non se pode xogar coas cousas de xantar. Abofé.

Outros artigos

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

+

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

+

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

O accidente na ría da Coruña do petroleiro español "Urquiola"  vai 50 anos nunca será esquecido por cantos, aquel 12 de maio de 1976, tivemos que vivir -directa ou indirectamente- as consecuencias dun dos grandes desastres marítimos rexistrados en Galicia. E o do...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Arredor das Letras (I)”.  Xosé Antonio López Silva

“Arredor das Letras (I)”. Xosé Antonio López Silva

É xa un tópico sinalar o que revela sobre Galicia ter escollido o 17 de maio como unha das expresións simbólicas da nosa identidade cultural. O país a falar de si mesmo a través da homenaxe a unha figura literaria. A literatura como cerne da vida pública e da propia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.