O cadro eléctrico da acometida principal da empresa Ecoplast, situada no lugar do Freixo, na parroquia pobrense de Posmarcos, viuse afectado por un incendio. Foi
Sobre as seis menos cuarto desta tarde un particular alertou á Policía Local da Pobra de que se declarou un incendio nunha caseta da empresa Ecoplast. Emerxencias 112 Galicia avisou o parque comarcal de Bombeiros de Ribeira, que que non chegou a intervir xa que o persoal da mesma empresa extinguira as chamas. O lume non afectou a persoas e o lugar da incidencia desprazaronse efectivos da Garda Civil e Urxencias Sanitarias-061 Galicia.