Últimas prazas en Lousame para participar no obradoiro TIC para emprendedoras

11 Outubro 2022

O Concello de Lousame informou de que o obradoiro gratuíto sobre comercio electrónico e mercadotecnia dixital que organiza esta tempada o Goberno local vai quedando sen prazas dispoñíbeis. Trátase dunha iniciativa formativa centrada nas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) dirixida a mulleres emprendedoras, de máis de 18 anos e residentes en Lousame, ao abeiro do programa de promoción da empregabilidade feminina Xeración 202=22. Máis información e inscricións no teléfono 981 820 494 ou no 689 126 385.

A concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, explica que “o obxectivo do obradoiro de comercio electrónico é adquirir os coñecementos prácticos para desenvolver un negocio de venda de produtos ou servizos en liña”. Trátase, engade, “dun curso no que as alumnas aprenderán a contratar unha páxina web, chegando a ser as propias administradoras ou xestoras da tenda”. No caso do marketing dixital, buscarase que as emprendedoras local comprendan como funciona a publicidade na Internet e sexan quen de planificar campañas por si mesmas a través das redes sociais.

O programa de promoción da empregabilidade feminina Xeración 20=22, que está a desenvolver o Concello de Lousame conta co financiamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e do Ministerio de Igualdade. Ata o momento, este programa xa formou a outras vinte mulleres de Lousame en introdución á informática e ás novas tecnoloxías, así como en motivación e técnicas para a busca de emprego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.