Solicitan a inclusión no Catálogo de Humidais galego de brañas da provincia entre elas as turbeiras de Outes

30 Outubro 2022

Ecoloxistas en Acción sigue a traballar pola protección dos hábitats prioritarios e presentou un informe técnico ante a Xunta de Galicia para propoñer a inclusión no catálogo de humedales dunha cantidade considerable destes hábitats da provincia de A Coruña.

Unha solicitude a administración galega consecuente coa campaña de sensibilización ‘Humidais para a vida’ que presentou a organización ecoloxista este verán cartografiando as zonas húmidas da provincia de a Coruña. Unha campaña coa que pretenden concienciar á poboación galega da importancia das brañas e turbeiras e das agresións ambientais que sofren constantemente estes hábitats prioritarios malia seren zonas de alto valor ecosistémico.

No informe técnico presentado ante a Xunta de Galicia figuran máis de mil fincas con humidais en distintos estados de conservación. Ecosistemas tan importantes como a braña da Serra (o brezal Atlántico mais grande de Galicia), as brañas do Torreiro ou do Espindro (Monte Xalo e a Serra de Monte Maior) ou as turbeiras de Outes e Negreira (lugar de nacemento de distintos regos que percorren un dos bosques Atlánticos con maior biodiversidade da nosa terra como é Santa Leocadia).

“As zonas húmidas son indispensábeis polos innumerábeis beneficios ou servizos ecosistémicos que brindan á humanidade, desde subministración de auga doce e alimentos, acubillo de biodiversidade, até o control do aumento do caudal dos ríos, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático, así como a captura de CO2 como no caso das turbeiras”, afirma Roberto Vilela, voceiro de Ecoloxistas en Acción.

En pleno cambio climático e cunha das maiores secas dos últimos anos, a organización ecoloxista subliña a importancia destes hábitats prioritarios e apremia á súa inclusión no catálogo autonómico e deste xeito conten cunha figura legal de protección. Para isto presentaron un informe cun exhaustivo traballo de campo aparellado de fotografías aéreas e das localizacións cartográficas.

O Inventario de Humidais da Galiza, creado pola Xunta en 2008, só incluíu neste tempo unha única zona húmida con réxime de protección: o parque nacional das Illas Atlánticas. Desde 2003, o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) tiña elaborado un inventario propio con máis de 1.100 humidais galegos aos que habría que sumar boa parte dos incluidos no informe recentemente presentado por Ecoloxistas en Acción para a provincia da A Coruña. Trátase das Brañas do Deo (Aranga, Curtis e Oza Cesuras), as Brañas e turbeiras de Valadares e Banzas (Outes), as Brañas da Serra (Santa Comba e Coristanco), as Brañas do Monte Inxerio (Ordes), as Brañas da Calzada (Zas), as Brañas do Espindro (Laracha/Cerceda), e as Brañas do Torreiro (Monte Xalo).

O obxectivo é pór en valor estes espazos naturais para lograr a súa catalogación e o consecuente réxime de protección. “A perda e degradación dos humidais tradúcese nun enorme impacto social e económico como, por exemplo, o aumento do risco de inundacións e diminución da calidade da auga, alén de impactos sobre a saúde, a identidade cultural e os medios de subsistencia”, insisten desde a organización ecoloxista.

Os humidais de A Coruña foron os primeiros en ser cartografiados por Ecoloxistas en Acción, a súa campaña continuará polas provincias restantes de Galicia. 

Outros artigos

Cáritas Diocesana aproba as contas do ano 2023 cun saldo positivo

Socios, achegas, donativos e colectas sitúanse no primeiro lugar dos ingresos cun 33%. Cáritas Diocesana de Santiago obtivo un resultado positivo de 533.476 euros, segundo o exercicio económico do ano 2023 aprobado durante un Consello que presidiu o arcebispo de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Domingo tregua na choiva e temperatura baixa para a época

Nesta xornada Galicia continuará con inestabilidade atmosférica debido a presenza de aire frío en altura. Polo tanto, teremos ceos nubrados con chuvascos localmente treboentos durante a mañá no norte da Comunidade e sendo máis probables pola tarde no interior do...

“Libros y autores”. Alberto Barciela

“Libros y autores”. Alberto Barciela

En manos de una editorial inteligente, un libro o un animal pueden resultar una elegante evolución colorista. Las páginas se encuadernan para sustentar un cierto orden ideográfico y, a su vez, para soportar anaqueles de vidas y afanes. La huella genética se retrata en...