Os socialistas de Ribeira piden dotar de alumeado público un rueiro de Lustres de Arriba (Aguiño)

21 Outubro 2022

O PSOE de Ribeira, a través do seu concelleiro-voceiro José Manuel Vilas Álvarez, presentou ao pleno da Corporación un rogo relativo á iluminación en Aguiño, no lugar de Lustres de Arriba, concretamente no rueiro conformado pola rúa da Braña da Area, Pedras Miúdas e Luís Pimentel, camiños veciñais asfaltados e dotados de varios servizos pero que segundo fan saber os socialistas “carecen de alumeado público”.

Na súa proposta, os socialistas lembran que o treito da rúa Braña da Area está dotado de farois ornamentais mariñeiros.

No rogo o grupo solicita que “por parte da delegación correspondente se estude/redacte un proxecto de dotación de tres puntos de alumeado público no entorno do rueiro devandito no lugar de Listres de Arriba en Aguiño”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.