O Pazo de Goiáns mostra os seus segredos a través de visitas teatralizadas desenvolvidas por Os Quinquilláns

19 Outubro 2022

O alumnado de 3º da ESO do IES Praia Barraña participou este martes 18 de outubro nunha das visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns que realizan Os Quinquilláns para coñecer a historia da construción e da contorna natural que a rodea. O Concello, organizador desta iniciativa, explicou que as visitas teatralizadas para o público xeral serán este sábado e domingo.

Estas experiencias, engaden dende a Área de Cultural do Consistorio, “teñen como finalidade dar a coñecer o noso patrimonio e a historia do Pazo de Goiáns a través do punto de vista dos personaxes baseados nas persoas que o habitaron”. Por certo que para a elaboración destas visitas teatralizadas realizouse un encontro coa veciñanza dirixido a poñer en común a sabedoría popular e os recordos das e dos boirenses que estiveron vinculados ao Pazo.

As visitas teatralizadas para o público xeral van ser este sábado 22 de outubro ás 17.30 horas e o domingo día 23 ás 11.15 horas. As inscricións están aínda abertas na Casa da Cultura de Boiro. En caso de choiva, a actividade trasladarase aos días 5 e 6 de outubro de 2022.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.