O Concello de Lousame organiza un curso de manexo do móbil para persoas maiores

26 Outubro 2022

O Concello de Lousame organiza un curso básico de manexo do móbil para que os maiores do municipio aprendan a sacar todo o partido posíbel aos seus dispositivos e teléfonos móbiles (tanto para comunicárense como para acceder a información e servizos de todo tipo, como tamén para facer compras e xestións administrativas). Uns obradoiros gratuítos que terán lugar no Concello de Lousame a partir do vindeiro 9 de novembro, en horario de 10:30 a 11:30 horas.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, destaca que “con estes cursos buscamos proporcionarlles ás persoas maiores de Lousame os coñecementos suficientes para un eficaz uso dos seus dispositivos móbiles. Desde aspectos lúdicos como aprender a facer e enviar fotos e vídeos, utilizar o WhatsApp ou consultar as Redes Sociais; como cuestións prácticas como descargar aplicacións para pedir cita médica, ler a prensa ou escoitar a radio, por exemplo”.

Estes cursos están abertos á participación de toda a veciñanza de Lousame e serán totalmente de balde, previa inscrición nos Servizos Sociais do Concello (981 820 494) ou por WhatsApp no 689 126 385 antes do 8 de novembro. O número de prazas é limitado. Esta iniciativa está organizada pola Concellería de Servizos Sociais e conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.