O BNG de Ribeira reclama ao Concello que evite a instalación dunha antena de telefonía preto das vivendas entre Deán e Palmeira

13 Outubro 2022

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Ribeira vén de emitir un comunicado no que advirte da posíbel instalación dunha antena de telefonía móbil entre Deán e Palmeira, unha zona con alta densidade de vivendas que, segundo reflicte a agrupación, están a mostrar a súa preocupación polos hipotéticos riscos para a saúde que a dita infraestrutura podería carrexar e, tamén, polo impacto visual negativo que representaría. Concretamente a zona afectada vai desde O Caramecheiro en Ribeira até a Insuela en Palmeira, incluíndo núcleos como O Carballal, As Saíñas, A Revolta, A Carballa, etc. Algúns veciños e veciñas deses núcleos de poboación trasladaron ao BNG a súa preocupación.

Os membros do grupo municipal, Luís Pérez e Cruz Rivadulla, xunto co responsábel local, Xabier Vidal, compareceron este xoves 13 para explicar “que a instalación dunha antena de telefonía preto das vivendas está espertando preocupación entre os habitantes da zona porque son coñecidos os efectos que teñen sobre a saúde ademais do seu impacto visual”. A concelleira Cruz Rivadulla detallou que “o que máis preocupa é a repercusión que poidan ter as ondas que desprenden os emisores de telefonía móbil, pero tamén a posibilidade de que as propiedades contiguas á antena non poidan construír vivendas ou se teña que expropiar algunha para facer camiño de construción e mantemento para a infraestrutura”.

O portavoz do BNG en Ribeira, Luís Pérez, detallou que “a propia Organización Mundial da Saúde (OMS) adoptou o denominado principio de precaución e recomenda unha política de xestión de riscos aplicada en circunstancias cun grao de incerteza científica”.

Desde o BNG inciden en que non se opoñen a esta instalación pero “si a que se instale a carón das vivendas e dos núcleos habitados”. Segundo Pérez Barral, “hai alternativas suficientes para instalala nun lugar afastado das vivendas, sen que isto supoña problemas de cobertura, pero si beneficios ao chegar menor radiación electromagnética que poderían prexudicar a saúde”.

Por último, os nacionalistas póñense a disposición das veciñas e veciños para todo o que poidan precisar pero tamén reclaman a actuación do Concello de Ribeira para que informe á veciñanza dos seus dereitos e actúe diante da empresa telefónica para protexer as zonas habitadas.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.