O alumnado de cuarto da ESO da Pobra mergullouse nos relatos de Jardín Umbrío de Valle-Inclán

20 Outubro 2022

Proseguen na Pobra do Caramiñal as actividades das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán. Este xoves 20 de outubro celebrouse un encontro entre o actor Ramiro Neira e o alumnado de cuarto da ESO do IES da Pobra do Caramiñal, co gallo de presentar (e representar) aos estudantes o libro de relatos Jardín Umbrío, do escritor inmortal ao que o Concello adica esta edición XXIV das xornadas.

Por certo que Jardín Umbrío está considerada unha das obras de Valle máis indicadas para introducirnos no seu particular universo de almas en pena, trasnos e ladróns, misterios, supersticións e sabor popular.

Dende a Sala Iconografía Contemporánea do Museo, Neira “reviviu” algunhas das escenas do libro ao tempo que mostrou técnicas teatrais ante os asistentes. Na sesión o alumnado interactuou ao longo de toda a función e mesmo chegou a meterse na pel dos e das personaxes deste libro, como Juan Quinto, María Isabel ou María Fernanda.

A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), trasladou a Neira o seu agradecemento pola implicación nesta proposta organizada expresamente para o centro educativo para coñecer Valle-Inclán dende outra perspectiva. Tamén fixo entrega á biblioteca do instituto dun exemplar da publicación de banda deseñada Valle-Inclán, los años del esperpento, do autor Manuel López Poy, presentada nesta edición das xornadas. As alumnas e alumnos recibiron, ademais, cadanseu marcapáxinas como recordo do seu paso pola institución museística.

A axenda deseñada na honra do literato continúa nos vindeiros días e chegará á súa fin no día 29 coa tradicional ofrenda cívica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...