Morren nove vacas tras inxerir burundanga en Rois

20 Outubro 2022

Nove vacas morreron en Galicia tras inxerir a planta da burundanga, unha especie que se atopaba entre a herba fornecida polo propio gandeiro aos seus animais. O home asegura que descoñecía que aí se incluía esta substancia perigosa para a saúde.

Os feitos ocorreron na aldea de Quintáns (Rois, A Coruña) durante a tarde do pasado venres. O gandeiro observou como de súpeto nove das catorce vacas da súa explotación falecían de súpeto, sen motivo aparente. Manuel Rodríguez, dono da explotación gandeira, chamou rapidamente ao veterinario, “que fixo o que puido e salvou algunhas vacas”, segundo recolle a La Voz de Galicia.
O veterinario que acudiu en primeira instancia “xa confirmou que era burundanga, unha especie invasora”, que provoca espasmos ou alucinacións, podendo chegar á morte. Con todo, espérase a confirmación definitiva por parte dos técnicos de Medio Rural da Xunta, que fixeron as análises permitentes para esclarecer o suceso. O concello abriu unha conta bancaria para axudar ao traballador.

Outros artigos

Incendio no Pazo de Faramello, no concello de Rois

A primeira hora da mañá deste venres 25 de abril, o Parque Provincial de Boiro tivo que intervir na extinción dun incendio declarado no interior do Pazo de Faramello, no concello de Rois. O lume afectou por completo unha das habitacións do inmóbel e o resto do...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.