Malencolía proxéctase este sábado en Boiro

14 Outubro 2022

Malencolía (2021), o filme do galego Alfonso Zarauza, autor de Ons e de A noite que deixou de chover, será proxectado este sábado ás 20.30 no Centro Social de Boiro. Trátase dunha actividade cultural abeirada ao Ciclo de Cine Mestre Mateo que desenvolve de xeito itinerante a Deputación da Coruña (levando aos nosos concellos os audiovisuais recoñecidos no certame galego).

Malencolía é un filme de intriga que conta a historia de Sira e Pepe, quen, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación.

Trátase dun filme galego de 2021 dirixido e escrito por Alfonso Zarauza e rodado en lingua galega. Está protagonizado por Melania Cruz e Xulio Abonjo e é unha mestura de cinema de terror e comedia. Recibiu 11 nomeamentos na 20ª edición dos Premios Mestre Mateo, sendo o gañador de dous premios, mellor actor secundario para Diego Anido e mellor actriz secundaria para Iolanda Muíños.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.