Máis de medio cento de persoas participaron na primeira etapa da peregrinaxe a Santiago que organizou o Club de Xubilados de Lousame

04 Outubro 2022

Máis de medio cento de persoas participaron na primeira etapa da peregrinación a Compostela seguindo o trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia. Unha iniciativa organizada polo Club de Xubilados de Lousame para conmemorar o Ano Xacobeo.

Os 52 participantes saíron a primeira hora da mañá da praza do Concello de Lousame. A expedición foi guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, quen contou coa colaboración do presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; o concelleiro de Turismo e Relacións Veciñais, José Antonio Ces Barreiro; do técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, canda as dúas voluntarias europeas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas; e da licenciada en historia e técnica municipal de Lousame, Mayte Sobradelo.

Durante a andaina, que discorreu en gran parte polas beiras dos ríos Vilacoba e San Xusto, a expedición fixo varias paradas en lugares como a papeleira de Fontán (o Castro) ou o mosteiro de Toxosoutos, durante as cales Mayte Sobradelo aproveitou para poñer en valor estes elementos do patrimonio local.

A segunda etapa terá lugar este domingo 9 de outubro, entre San Xusto e Urdilde con traslado en autobús ao inicio e fin de cada andaina. A participación é totalmente de balde e está aberta tamén a veciños e veciñas que non sexan xubilados nin integrantes do club. Iso si, é imprescindible anotarse no Club de Xubilados de Lousame: 653 221 655. A terceira e derradeira etapa terá lugar o domingo 23 de outubro, entre Urdilde e Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.