Este luns póñense á venda as entradas para a Xuntanza do Maior de Ribeira (o 6 de novembro na Fieiteira)

14 Outubro 2022

O Concello de Ribeira informou de que este luns 17 de outubro está previsto que se poñan á venta as entradas para asistir á Xuntanza do Maior, un evento que regresa ao municipio logo de dous anos de pandemia. Será o domingo 6 de novembro.

A concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro, foi a encargada de presentar esta actividade, estando acompañada da xefa de servizo deste departamento, Francisca Vidal. Unha vez máis, o Pavillón da Fieiteira será o escenario onde se desenvolverá o evento, previa eucaristía na misa no templo parroquial de Santa Uxía nunha hora aínda por concretar.

Barreiro explicou que haberá autobuses lanzadeira dende o casco urbano para facilitar o transporte ata o complexo polideportivo, estando prevista a apertura de portas para a unha da tarde.

Ademais do tradicional xantar, a xuntanza incluirá baile amenizado por un grupo musical e sorteo de agasallos. Por outra banda, explicou a edil, habilitarase un dispositivo de seguridade con ambulancia e persoal de emerxencias para atender calquera incidencia.

As entradas poranse a venta na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello, onde unha persoa traballadora do Concello encargarase deste labor, xunto coa organización e distribución de mesas.

O prezo será de 16 euros, importe que se poderá pagar non só con tarxeta bancaria (o modo recomendado) senón tamén en efectivo.

Hai de prazo para adquirir a entrada ata o 2 de novembro, tendo preferencia os xubilados maiores de 55 anos empadroados en Ribeira. En función do ritmo de venta, abordarase a posibilidade de abrir a xuntanza aos maiores doutros municipios.

As previsións que manexa o Concello roldan o milleiro de asistentes en sintonía co rexistrado en edicións anteriores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.