En Ribeira o Concello convoca as subvencións para as asociacións culturais locais sen ánimo de lucro

18 Outubro 2022

O Concello de Ribeira informou da publicación no BOP deste 18 de outubro da convocatoria das axudas destinadas ás asociacións e outras entidades de carácter cultural sen ánimo de lucro radicadas no municipio.

Esta convocatoria ten por obxecto “establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións, durante o exercicio 2022, destinadas a fomentar, apoiar e impulsar a actividade cultural das entidades sen ánimo de lucro existentes no Concello de Ribeira”, e facelo “de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia competitiva e publicidade”.

As bases que rexen esta convocatoria figuran na Ordenanza reguladora do programa de subvencións para entidades sen ánimo de lucro, publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o día 29 de maio de 2018.
A contía destinada a este concepto ascende a 18.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir deste mércores 19.

María Sampedro, concelleira de Cultura de Ribeira, nunha presentación celebrada este verán

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.