En marcha as obras para garantir a accesibilidade dos baños do andar baixo do Consistorio de Rianxo

03 Outubro 2022

O Concello de Rianxo informou da execución de traballos de reforma e acondicionamento nas antigas dependencias da Policía Local do Concello, unha vez se trasladaron ao novo espazo e ficaron baleiras as instalacións. O proxecto remodelará ese espazo para adaptar os baños e facelos accesíbeis para persoas con discapacidade, mellorando as condicións anteriores.

O proxecto conta cunha axuda da Xunta de Galicia de 36.845 euros para a mellora dos servizos básicos das administracións públicas. O obxectivo, segundo informou o Concello, “é recuperar unha zona do Consistorio coa posta ao día dos baños do andar baixo”. Renóvase todo o alicatado e os sanitarios, as portas de acceso e a instalación de fontanería para favorecer a accesibilidade xeral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.