Domingo con nubes e claros e chuvascos ocasionais. Cambio de hora de inverno
29 Outubro 2022
Esta madrugada do domingo volvemos á hora de inverno ás 3 serán as 2 e retrasaremos 60 minutos o reloxio
Situación de transición durante o domingo, agardando a chegada dunha nova fronte o luns. Deste xeito, agárdanse ceos con intervalos nubrados, con algún chuvasco ocasional no oeste da provincia da Coruña. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas apenas terán cambios. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados na costa e máis frouxos no interior.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 15° 20°
Temperatura da auga (°C)
16°
Índice ultravioleta máx.
2
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 4 á mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
A xornada deste xoves 15, Santa Tereixa, comezará con bancos de néboa e brétemas costeiras que darán paso a ceos despexados, con ventos do norte-noroeste e un lixeiro descenso nas temperaturas máximas. A influencia das altas presións continuará marcando a estabilidade...
A comunidade galega quedará este mércores 14, San Calixto e San Evaristo, baixo a influencia das altas presións e a entrada dunha masa de aire cálido, configurando un escenario xeral de estabilidade meteorolóxica en todo o territorio. O día comezará con bancos de...
A influencia anticiclónica deixará este martes unha xornada maioritariamente seca e despexada tanto en Santiago de Compostela como nas Rías Baixas, á marxe da fronte feble que rozará o litoral norte galego. Aínda que a mañá comezará con bancos de néboa e nubes baixas...
A temperatura global superou por segundo mes consecutivo a barreira crítica dos 1,5 °C respecto aos niveis preindustriais, nun contexto marcado polo auxe dun fenómeno de El Niño excepcionalmente intenso. O mes de setembro de 2026 pechouse como o segundo setembro máis...
O "corpus" dos pensionjstas españois está conformado por 10 millóns de beneficiarios con pensións dun promedio xeral de 1.374,57 euros e unha media de 1.576,10 euros ao mes tendo en conta en ambos os casos o total a percibir anualmente, incluídas as pagas...
Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...